10/7/18

Seis piezas fáciles

Richard Feynman (EEUU, 1918-1988), premio Nobel de Física en 1965, traballou no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), de 1952 a 1987, como profesor e investigador. Pero so durante dous cursos académicos foi docente de estudantes de primeiro e segundo de licenciatura: en 1961-62 e en 1962-63. As leccións que impartiu neses anos foron publicadas en forma de manual de física. Este libro reúne as seis máis sinxelas e aptas para todo tipo de lectores, formados ou non, que teñan curiosidade.

Feynman está considerado un dos mellores físicos do século XX e seguro que é un dos máis coñecidos popularmente. Axudou a desenvolver a física cuántica. Creou unhas sinxelas representacións do que sucede nas colisións entre partículas, chamadas Diagramas de Feynman, que permiten interpretar e facer prediccións de xeito moi intuitivo e sen aparato matemático.
Aquí podes ver un:

Colisión positrón-neutrino electrónico para xerar antimuón-neutrino muónico










Tamén formou parte do proxecto Manhatan, dos EEUU, que desenvolveu a bomba atómica durante a Segunda Guerra Mundial.

Neste libro, subtitulado A física explicada por un xenio,  introduce as ideas clave e máis básicas da física: a constitución da materia en átomos e estes en núcleos e electróns, a relación da física con outras ciencias, a lei da conservación da enerxía, a gravitación e os rudimentos da mecánica cuántica.

Di Feynman: «A física é a máis fundamental e básica das ciencias, e tivo un efecto profundo sobre todo o desenvolvemento científico. De feito, a física é o equivalente actual ao que se adoitaba chamar filosofía natural, da que xurdiron a maioría das nosas ciencias modernas». Amén.



18/5/18

Los desposeidos

Novela publicada en 1974. A autora é a escritora norteamericana Ursula K. Le Guin (1929-2018). A obra gañou os premios Nebula, Hugo e Locus. Considérase ciencia ficción social ou política e, nela, maniféstanse as ideas feministas e taoístas da autora.

Urras é un planeta superpoblado e con diversos países que frecuentemente guerrean entre sí. O sistema maioritario é o capitalista, con graves desigualdades sociais entre pobres e ricos. 170 anos antes dos feitos que se narran, un grupo de revolucionarios abandona o planeta para establecerense no seu satélite, Anarres, fundando unha sociedade igualitaria, sen normas nin leis nin diñeiro.  Cada membro da comunidade aporta á sociedade o seu talento e o seu traballo e toma dela o que necesita para sobrevivir: roupa, alimentos, aloxamento. Ninguén posúe nada. Mesmo as relacións familiares son abertas. Pero incluso nesta sociedade igualitaria e xusta, aparecen elementos corruptos, envexas e exceso de burocracia.

O protagonista é un físico brillante que ve como as súas teorías non son comprendidas nin aceptadas en Anarres. Tampouco dispón de medios adecuados para desenvolvelas. Por iso emigra a Urras para dar a coñecer a súa ciencia. Alí choca coa sociedade consumista e propietaria (o propietariado). O interés dos urrasti nas súas teorías é económico e militar.

1/4/18

La isla misteriosa

La isla misteriosa é unha novela de Jules Verne (Francia, 1828-1905) publicada en 1875. Narra a historia de cinco náufragos que chegan en globo aerostático á unha illa descoñecida no Océano Pacífico, despois de fuxir dunha prisión nos EEUU nos que se desenvolvía a Guerra de Secesión.

A parte central da novela está formada polos intentos dos náufragos para sobrevivir, partindo dunha situación inicial de total carencia de medios materiais. O personaxe principal é Ciro (ou Cyrus) Smith, enxeñeiro. Este Ciro posee uns coñecementos científicos e prácticos inesgotables. A base de talento, imaxinación, esforzo e coa axuda incondicional dos seus compañeiros vai dotando á pequena colonia de todos os recursos imaxinables. O xoven Harbert aporta unha afición e coñecemento enciclopédico da zooloxía e a botánica e dos aproveitamentos culinarios de todo tipo de animais e plantas. O mariñeiro Pencroff é un devoto seguidor das instruccións do enxeñeiro, forte, valente e o sabe todo en asuntos de barcos e navegación. Spillet, xornalista, é un home culto, tranquilo, con coñecementos de mediciña e xeografía. Nab é o negro.  Así o presenta Verne que, malia ser partidario do bando abolicionista na guerra de secesión norteamericán (abolicionista da escravitude, enténdese), non pode deixar de ser un home do seu tempo, machista, clasista, racista, a lo menos en maior grado do que é normal hoxe en día. A maior virtude de Nab é a súa fidelidade ao seu amo, Ciro.

Dirixidos por Ciro Smith, os colonos aplican a ciencia: física (mecánica, hidráulica, óptica, electromagnetismo, termodinámica, astronomía), química (análise de minerais, síntese de ácidos, sales, explosivos,...), e aplican  todas as tecnoloxías imaxinables: alfarería, minería, siderurxia, construcción de muiños de vento e de auga, batáns, ascensores hidráulicos, vehículos terrestres, canoas e barcos, armas, camiños, diques, telégrafos, desviación dos cursos naturais de auga, agricultura, gandeiría...

Hai moitas novelas de náufragos que saen adiante aprendendo a aproveitar os recursos naturais, pero ningunha como esta de Verne en que a Ciencia sexa tanto e tan ben aplicada. Os límites veñen dados pola imaxinación de Verne, as veces excesiva e polo estado do coñecemento científico a mediados do século XIX. SE ben é certo que Verne non tiña unha formación científica propiamente dita, si tiña unha gran curiosidade e capacidade para informarse.

Por outra banda, esta novela tamén aproveita para pechar as tramas que quedaran abertas en dúas novelas anteriores do mesmo autor: Los hijos del capitán Grant e Vinte mil leguas baixo dos mares / Veinte mil leguas de viaje submarino. Especialmente esta última. Nesta novela nárrase o final do capitán Nemo e o Nautilus, aínda que con certos desaxustes internos nas datas.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis e, en internet, aquí.

19/3/18

Los ovnis ¡vaya timo!

Dentro das múltiples ideas fraudulentas, enganos e supercherías que teñen éxito no mundo contemporáneo debido a lexión de charlatanes que nos acosan, o avistamento de ovnis parece que perde un pouco de actualidade. Gozou do seu momento de maior esplendor na década de 1940, rexurdindo entre 1970 e 2000. Hoxe en día está de capa caída, pero en calqueira momento un autodenominado investigador ou periodista do misterio volverá a poñelo de moda. De feito, no momento de escribir este comentario, sobreviven na radio e na TV  programas que inclúen este tema, aunque cada vez con menos audiencia. En todo caso, cómpre estar avisado e informado para non deixarse atrapar por estes cuentistas.

O autor deste libro (Ricardo Campo, Santa Cruz de Tenerife, 1965) afirma que o que fala de ovnis e di que ten visto alieníxenas, é un sinvergoña, un alucinado ou un enganabobos. Todos os sucesos dos que hai referencia teñen explicación racional. A maioría das veces, os testigos minten ou se equivocan.
Queda unha pequena porcentaxe de feitos que carecen de explicación definitiva. Pero como el di, se algo non ten explicación permanecerá inexplicado mentres novos datos non permitan explicalo. Pretender que algún feito do que non se ten boa explicación é debido a extraterrestres, é unha cuestión de fe. É dicir, a actitude contraria da que debe ter un espíritu curioso y crítico. Afirma Campo que non hai nin un so dato que permita concluir que os extraterrestres teñen visitado a terra. Pero, precisamente, o éxito deste engano débese aos intereses comerciais dos defensores do mesmo, que serán charlatanes, pero non de todo incompetentes.

Disponible na biblioteca do IES de Teis.

25/2/18

La isla del doctor Moreau

Novela de ciencia ficción escrita en 1896 por H. G. Wells (Herbert George Wells, Inglaterra, 1866-1946.
Dentro das novelas de temática máis ou menos relacionada coa ciencia de H.G. Wells, esta é a segunda cronolóxicamente, despois de A máquina do tempo de 1895 e anterior a O home invisible e A guerra dos mundos. Nesta, Wells, explora os límites éticos da ciencia.

Na época na que se escribe esta novela, está en discusión na sociedade británica e mundial, a vivisección, técnica consistente na disección dun animal vivo para observar o funcionamento dos seus órganos. Wells amosa a extrema crueldade á que pode chegar esta práctica. Ao mesmo tempo, Wells plantexa so límites da condición humana en relación coa condición animal.

O protagonista, Prendick, acaba por accidente nunha misteriosa isla donde o doutor Moreau, leva adiante experimentos biolóxicos extremos. O tal doutor xa tivera que fuxir de Inglaterra debido á polémica levantada polas suas prácticas. Nesta isla, con técnicas quirúrxicas e de transfusión de sangue, crea monstros semihumanos. Obviamente, a técnica desenvolvida non está descrita máis que de forma borrosa. Non hai ningunha posibilidade de facer algo así. Esta foi a causa de que a novela fose recibida no seu tempo como sensacionalista e alonxadada da verdade. Naturalmente, a verosimilitude da creación do monstro non é o tema; do mesmo xeito que non o era na novela de Mary W.Shelley, Frankenstein ou o moderno Prometeo, coa que garda certa relación.

Foi levada ao cine en diversas ocasións. A última en 1996, protagonizada polo gran Marlon Brando, e Val Kilmer, que foi un sonoro fracaso.
Aquí tes o trailer da versión de 1977, con Burt Lancaster e Michel York e dirixida por Don Taylor.

14/1/18

El problema de los tres cuerpos

Novela publicada primeiro por entregas nunha revista en 2006 e, posteriormente en 2008, como libro. O autor é o escritor chinés Liu Cixin, nacido en 1963.
A novela é a primeira dunha triloxía que ten como tema común o contacto con civilizacións alieníxenas. El problema de los tres cuerpos gañou o premio Hugo correspondente a 2015. Tamén foi galardonada co premio Ignotus á mellor novela estranxeira de 2017. Este premio está concedido pola Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror.

A historia relatada na novela, comeza na época da Revolución Cultural chinesa, período dos anos 60 e 70 do século XX, caracterizado por unha gran represión e persecución de intelectuais e poboación xeral, acusados de ir contra os principios da revolución maoísta (do nome do presidente Mao Zedong).
Grupos de estudiantes patriotas (gardas vermellos) denunciaban a todo aquel que parecese pouco revolucionario. O afectado enfrontabase como mínimo á tortura e como máximo á execución.

A protagonista da novela, astrofísica, ve como o seu pai, renomeado científico é acusado de contrarrevolucionario e condeado á morte despois dun simulacro de xuizo. Ela mesma sofre persecución e, con certa sorte, acaba nun proxecto secreto para tentar contactar con civilizacións extraterrestres. O contacto establécese por fin cun planeta con tres soles e, de aí, o título. En efecto, de acordo coa dinámica gravitatoria, o comportamento de tres corpos é imposible de calcular e predecir, trátase dun sistema caótico. Na predicción dese comportamento fracasaron as mellores mentes do noso mundo e do alieníxena.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...