23/6/16

Contacto

Contacto é a única novela publicada polo astrofísico e divulgador científico Carl Sagan (Estados Unidos, 1934-1996). A gran popularidade de Carl Sagan débese, sobre todo, á serie de divulgación para televisión dos anos oitenta do século XX, Cosmos: unha viaxe persoal. Pero, ademais, Sagan acadou un gran prestixio como astrónomo e astrofísico e foi asesor da NASA nos programas Apolo, Mariner, Pioneer e Voyager. Tamén foi coñecido como un defensor e practicante do pensamento escéptico e como científico agnóstico. Seguindo a Einstein, pensaba que o único dios posible é a suma das leis físicas que conforman e gobernan o universo. É difícil rezarlle á lei da gravidade, dicía.

Un dos campos científicos nos que destacou foi o chamado exobioloxía, ou procura de vida intelixente extraterrestre. Impulsou o proxecto SETI, (Search for ExtraTerrestrial Intelligence).

A novela, precisamente, plantexa que os radiotelescopios do proxecto SETI detectan finalmente un sinal procendente dun mundo exterior, claramente producido por unha intelixencia extraterrestre. A evidencia de que se trata dunha mensaxe alieníxena é a presencia dos números primos na sinal. So un ser intelixente, e non un mero fenómeno natural pode producir esto. A mensaxe está escrita na única lingüaxe común a toda intelixencia concebible: as matemáticas. Unha vez descifrada a mensaxe, esta permite a construcción dun vehículo no que se pode viaxar para efectuar o contacto cos estraterrestres.

A recepción da mensaxe e a construcción da máquina afectan, por unha banda ás relación entre as potencias económicas e militares todavía no final da chamada guerra fría (EEUU, a URSS, Xapón, Europa occidental,...). Por outra banda, desenvólvese un conflicto relixioso presente en todo o libro e no que Sagan aproveita para enfrontar o escepticismo científico á credulidade da fe.

En 1997, despois da morte de Sagan,  foi adaptada ao cine, dirixida por Robert Zemeckis (Regreso ao futuro, Forrest Gump,...) e protagonizada por Jodie Foster (Taxi Driver, O silencio dos cordeiros,...), con lixeiras variacións sobre a novela




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...