19/10/16

Marte azul

Última novela da triloxía marciana do autor Kim Stanley Robinson (EEUU, 1952). Publicada en 1996, gañou os premios Hugo e Locus de 1997.
É continuación de Marte verde. A terraformación de Marte progresa. Os seres humanos pronto conseguiran sobrevivir na superficie marciana sen traxes espaciais nin cascos. A atmosfera acada unha presión suficiente (arredor dos 500 hPa) cun contido de osíxeno axeitado e a temperatura media supera na meirande parte do planeta e na meirande parte do tempo os cero grados (273 K). Recordade de que partimos dunha presión inicial duns 10 hPa e unha temperatura media duns 225 K (-48 ºC). So os lugares de gran altitude (no alto dos grandes volcáns) quedan fora da terraformación.

Despois da revolución con que se pecha Marte verde, os marcianos elixen os seus propios órganos de goberno o que leva a novas crisis coa terra. A superpoboación desta supón unha persión migratoria que Marte non pode absorber. Na terra rematou o dominio das metanacionais, un novo sistema de poder, aínda confuso está a emerxer.

Aínda sobreviven varios dos primeiros cen grazas ao tratamento de lonxevidade. Acadan máis de douscentos anos de idade. Na época desenvóvlese a enerxía de pulsofusión, que permite reducir as viaxes no sistema solar a poucos días e, por tanto, colonizar moitos planetas e satélites rochosos. Esto conleva novas loitas polo poder e os recursos naturais de cada mundo. O de sempre...

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...