27/1/13

Serendipia

Esta obra do profesor Royston M. Roberts (EEUU,  1918-1996) leva o subtítulo Descubrimientos accidentales en la ciencia, o que nos da a pista do contido do mesmo.
O termo serendipia provén do inglés serendipity. Neste idioma, esta palabra é, tamén, un neoloxismo. Parece ser que fai referencia a certo conto tradicional no que os Principes deSerendip resolvían os problemas do seu reino con grandes doses de casualidade, accidente ou fortuna.
Trasladado á ciencia, refírese a aqueles descubrimentos, invencións ou avances científicos nos que o accidente ou a casualidade (algo inesperado) tivo unha gran influencia.
O profesor Roberts distingue entre serendipia propiamente dita, e pseudoserendipia.
Esta última consiste nun golpe de fortuna que se produce no curso dunha investigación planificada co obxectivo de atopar algo,de tal xeito que o accidente acelera ou facilita ou permite conseguir o fin proposto. A serendipia propiamente dita dase en circunstancias alleas a unha investigación, ou ben cando se esta a investigar outra cousa.
En todo caso, sostén Roberts, so unha mente curiosa e desperta foi capaz de decatarse das posibilidades que abrían os feitos inesperados. Pasteur, el mesmo agraciado pola serendipia, dicía: "Nos campos da observación , a casualidade favorece so as mentes preparadas". Einstein declaraba ter sido favorecido a miudo pola boa fortuna. Newton tamén.

Entre os casos relatados por Roberts, atopamos os famosos de Arquímedes e o da mazá de Newton. As vacinas, o descubrimento da quinina e a penicilina. Tamén o propio descubrimento de América por Colón. O aproveitamento comercial do caucho natural e sintético. Numerosos plásticos, fibras textís e medicamentos. Descubrimentos astronómicos. Os raios X e a radiactividade. Elementos químicos e compostos químicos...

Roberts foi profesor e investigador no campo da Química Orgánica na Universidade de Texas en Austin. Moitos dos casos serendípicos son da sua especialidade: a síntesis orgánica. En todos eles podemos ver os camiños que segue a mente humana para aumentar o coñecemento da naturaleza.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...