26/11/12

Historia de las ciencias. 5. La ciencia del siglo XX.

Quinta e última parte da Historia das Ciencias de Stephen F. Mason.
O século XX, en canto á bioloxía, é o do gran desenvolvemento da bioloxía molecular e a xenética. Supón a definitiva conprensión da herencia xenética co estudio dos cromosomas, os xenes e o ADN.
En física é o século das grandes revolucións da teoría da relatividade e a mecánica cuántica, Ambas supuxeron cambios nas formas de pensar dos científicos. En ambas destácase a figura de Albert Einstein.
A compresnsión do universo deu grandes avances ao tempo que plantexa novos e graves interrogantes. O mundo das partículas elementales tamén experimenta un gran desenvolvemento.

Pero este século tamén é o dos grandes enfrontamentos internacionais. A segunda guerra mundial, o nazismo, a guerra fría... Todos estos acontecementos afectan á ciencia. Mason axuda a comprender a situación. Por exemplo, na Alemaña nazi, os científicos tiñan que adoptar as posturas que se consideraban apropiadas polos dirixentes da época. Poida que eso fose o principio do seu declive científico-tecnolóxico que tivo certa trascendencia na inferioridade alemana fronte aos Estados Unidos ao final da guerra.

A fotografía da portada deste libro corresponde á V Conferencia Solvay de Bruselas, de 1927, con  asistencia dos físicos máis importantes da época. Entre otros: Albert Einstein, Ernest Rutherford, Marie Curie, Max Planck, Max Born, Niels Bohr, Luis de Broglie, Erwin Schrödinger, Werner Heisenberg, etc.

Disponible na biblioteca do IES de Teis

3/11/12

La voz de los muertos

La voz de los muertos é a segunda novela escrita por Orson Scott Card  da chamada saga de Ender, despois de El juego de Ender.  Esta foi publicada en 1985 e La voz de los muertos en 1986. Posteriormente, Card publicou Ender en el exilio en 2008, situando a acción desta última entre as dúas primeiras. Por tanto, La voz de los muertos, sendo a segunda novela en ser publicada, queda como a terceira dentro da cronoloxía da saga. Non resulta imprescindible ler Ender en el exilio para comprender e disfrutar desta.
La voz de los muertos acadou como El Juego de Ender os premios Hugo e Nébula, sendo o primeiro autor que o consigue en dous anos consecutivos. Ademáis, gañou tamén o premio Locus de 1987.

A acción transcurre 3000 anos despois da victoria de Ender sobre os insectores. Grazas ás viaxes relativistas, Ender ten apenas trinta e cinco anos. Agora é un Falante no nome dos mortos e, como tal é chamado ao planeta Lusitania para falar de tres mortes que aconteceron nese mundo. A súa busca dun planeta axeitado para liberar á raíña colmena insectora, devolverlle á vida e liberarse el mesmo en parte do seu sentimento de culpa, poida que esté chegando ao seu fin. De paso, enfrontarase cos medos dos habitantes, conflictos relixiosos, os misterios do propio planeta e as difíciles relacións con todo tipo de especies, intelixentes ou non, alieníxenas.

Lusitania é un planeta colonizado por humanos procedentes de Portugal e Brasil. A presenza de termos e frases en portugués na novela é elevada.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...