26/5/10

Crónicas marcianas


Novela de Ray Bradbury, autor estadounidense nacido en 1920 e falecido en 2012, coñecido tamén por Fahrenheit 451.
Crónicas marcianas foi escrita arredor de 1946 e presenta a colonización de Marte entre 1999 e 2026 en sucesivas oledas de exploradores.
A resolución das catro primeiras expedicións é verdadeiramente sorprendente. A segunda expedición pon ao lector diante dunha situación hilarante, absurda, digna do mellor Groucho Marx, ata o seu desenlace en que todo ten sentido.
A terceira é a máis inquedante, a incertidume sobre que e quenes somos crea alarma e desasosiego.
En definitiva, unha serie de relatos aparentemente sinxelos que exploran, máis que Marte, os misterios do comportamento humano.
De propina, a novela inclúe un extraordinario prólogo de Jorge Luis Borges.
Disponible na biblioteca de Teis tanto en galego como en castelán.

21/5/10

Un mundo feliz

Esta é a novela máis coñecida de Aldous Huxley, autor inglés (1894-1963).

Escrita en 1932, é un clásico da literatura. Considérase unha novela distópica, é dicir, presenta un futuro sombrío e deshumanizado. A sociedade sacrifica valores humanos esenciais en aras do consumismo, a eficacia produtiva e a vida sen preocupacións.
Todos son infantil e inxenuamente felices, a cambio de eliminar a familia, a diversidade cultural, a ciencia, a arte, a literatura e a relixión.

Os aspectos científicos (a parte da reproducción de seres humanos) non son moi relevantes no desenvolvemento da historia, pero no deixan de ter certo interés.
A reproducción humana faise "in vitro" (cousa descoñecida en 1932), e cun proceso de selección artificial, fabrícanse seres humanos de distintas categorías: Alfa, Beta, Gamma, Delta e Épsilon.
O transporte realízase en cohetes e helicópteros moi avanzados, pero non hai nin rastro da era dixital.

O fundamental é a contraposición entre felicidade e libre albedrío. A libertade implica paixón, equivocacións, dor e traxedias.

Se non estou errado, era Orson Welles (Ciudadano Kane) o que dicía:
"En mil anos de historia de guerras, intrigas e inestabilidade política e social, Italia produxo a Leonardo e a Capela Sixtina. Nos mesmos mil anos de paz e felicidade, Suiza creou o reloxo de cuco".

Esta novela está disponible na bilbioteca do IES de Teis.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...