23/1/10

1984


Novela escrita en 1948 e publicada en 1949 polo escritor británico George Orwell (1903-1950).
Non é unha novela propiamente de ciencia ficción, aínda que presenta elementos do xénero: anticipación do futuro, inxenios tecnolóxicos, etc. Considérase unha novela "distópica", o contrario de "utópica", é dicir, a situación proposta é o oposto a unha sociedade ideal.
O autor introduce un futuro no que un réxime dictatorial controla tódolos aspectos da vida dos cidadáns, incluso os seus pensamentos e sentimentos. A sociedade está dominada polo Partido Único e o seu líder, o Gran Irmán, mediante unha forte Policía do Pensamento e coa axuda das "telepantallas" instaladas en tódalas vivendas, postos de traballo e, mesmo nas rúas, que permiten ver e escoitar ás persoas en todo momento.
O partido cambia a historia, o pasado e as hemerotecas para favorecer os intereses. Decide a forma de pensar dos cidadáns mediante a Neolingua e o Dobrepensar.
O protagonista, Winston Smith, traballador do Ministerio da Verdade (encargado de falsear a historia), vai facéndose conscente da gran farsa do partido e tenta evadirse da súa vixiancia.
O título da novela non foi o inicialmente preferido por Orwell. O editor impuso este ao intercambiar os números da data de escritura (1948 en 1984).

Disponible na biblioteca do IES de Teis.
Aquí podes ver un tráiler dunha película feita en 1984 baseada na novela

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...